• Pontecesures
    Oct 21 2022

    Dende a praza de abastos de Pontecesures vivimos unha experiencia radiofónica que nos fixo viaxar no tempo para rememorar aqueles anos 40 e 50 nos que chegaba a radio aos fogares da vila.

    O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, acolleunos na súa vila para presentarnos a un radioaficionado de excepción, Francisco Enrique Souto, que atesoura máis de cincocentas radios de tódolos tempos e tecnoloxías. Con él rescatamos a memoria da radio.

    Ata o programa, e a través do fío telefónico, achegouse tamén o delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Diéguez, amante da bicicleta e do Camiño de Santiago. Rosana Estévez Palmero, hostaleira local, falounos de como o sector se adapta á demanda das e dos peregrinos sen esquecer ao consumidor local e a todo tipo de turistas.

    Carlos González Paz, do instituto de estudos galegos Pai Sarmiento, deunos pinceladas da historia das distintas rutas do Camiño de Santiago e compartiu con nós os segredos do proceso de investigación.

    José Luís Salgado Madriñán é un dos cinco membros da Orden de Malta que naceu co obxectivo de axudar aos e ás peregrinas coa creación de albergues, roupeiros e mesmo hospitais onde atendelos. Con él, tamén conversamos.

    Rematamos o programa falando do futuro de Pontecesures co alcalde e co arquitecto municipal, Carlos Besada, que nos achegou ás novas tendencias en urbanismo.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less
    49 mins
  • Palas de Rei
    Oct 21 2022

    A historia de Palas de Rei preséntase intimamente unida á cultura castrexa, conservando aínda hoxe numerosos restos arqueolóxicos (mámoas, dolmens e castros) testemuña dun remoto asentamento.

    O románico entrou polo Camiño de Santiago, deixando a súa pegada na arquitectura relixiosa, destacando a igrexa de Vilar de Donas, un dos referentes principias do románico galego, declarada en 1931 monumento histórico-artístico. As súas pinturas murais forman un dos conxuntos máis destacados e mellor conservados de Galicia.

    O alcalde Pablo José Taboada recibiunos na Casa do Concello para gravar este programa no que, xunto a Manuel Escaríz e Raúl López, falamos dos comezos da radio en Palas de Rei e do importante que foi nas súas vidas de emigrantes ter a compaña da radio para mantelos preto do seu fogar de orixe.

    A responsable da radio local tamén quixo participar para falar da importancia que ten na actualidade radio Palas, informando a diario á veciñanza das cuestións que máis lle afectan e recollendo o seu sentir.

    Emprendedores locais como Nieto, Johan e Óscar, que apostaron por Palas e retornaron da capital do Estado para iniciar os seus negocios, completaron o programa coas súas experiencias.

    A popular xornalista e presentadora do programa radiofónico “Gente Viajera” en Onda Cero, Esther Eiros, relatounos as súas mellores experiencias de viaxes e achegounos os seus consellos e predileccións á hora de viaxar.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less
    50 mins
  • Portomarín
    Oct 21 2022

    A construción do encoro de Belesar fixo de Portomarín un lugar enigmático e cheo de misterio ao que se achegan milleiros de peregrinos. Nas súas rúas e nas prazas respírase vida e o balbordo dos peregrinos enche de diferentes linguas cada recuncho.

    Portomarín o novo creouse a mediados do século XX nas terras altas do monte do Cristo na marxe dereita do río Miño. As obras comezaron no 1956. Portomarín o vello dorme baixo as augas do encoro de Belesar. A vila trasladouse ao Monte do Cristo debido á construción do pantano.

    O alcalde Pablo Rivas e o persoal municipal relátannos as lembranzas herdadas dos tempos nos que unha vila enteira tivo que dicir adeus aos seus fogares e reiniciar a súa traxectoria vital. Tamén con elas e eles reviviremos os momentos ao carón da radio.

    Para falar da evidente e sorprendente relevancia do Camiño de Santiago e Portomarín acompáñannos os hostaleiros locais Diego e Ismael, tamén Luís Alberto, peregrino de León que percorre en bicicleta esta ruta. Non podía faltar o director de SI RADIO en Lugo Eloi Caldeiro, unha das persoas con máis coñecimento do camiño de Santiago o seu paso por esta provincia.

    Na praza do Camiño, diante do Concello e da igrexa de San Nicolás movida pedra a pedra cando a construción do embalse, foron moitas e moitos os que se achegaron para falarnos de como escoitaban a radio as súas familias e tamén do encontro de culturas que provoca o paso do Camiño de Santiago.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less
    48 mins
  • Samos
    Oct 21 2022

    Como é a vida nun mosteiro e como é a vida nunha vila con tanta historia? O alcalde de Samos, Julio Gallego e o prior do mosteiro José Luis Vélez afondarán nestas cuestións.

    Esta vila é paso obrigado para todos os peregrinos que camiñan a Santiago de Compostela, e moitos dormen na hospedaxe ofrecida polos monxes beneditinos, na Real Abadía Beneditina de San Xulián de Samos, un dos centros relixiosos máis importantes de Galicia. Esta abadía está datada del século VI, época na que os Suevos poboaban os territorios do que hoxe coñecemos como Galicia.

    Samos atópase nunha espectacular contorna natural presidida pola Serra do Oribio e un val que da entrada aos montes de Pedrafita. Atravésao o Río Oribio, un pequeno río, rico en anguías e troitas, uns dos pratos máis emblemáticos da zona.

    Para falar da importancia do paso do Camiño de Santiago estará a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e os hostaleiros locais da Casa da Botica e do hotel Casa de Díaz.

    José Luis Vélez, da fundación Dharana, compartirá cos oíntes o seu proxecto. A Fundación Dharana nace o 21 de setembro de 2013 para dar soporte ao proxecto de crear unha casa de acollida, unha escola de dons e talentos e unha comunidade integral onde practicar as bases do apoio mutuo, a cooperación e a co-creación coa natureza.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less
    53 mins
  • Paradela
    Oct 20 2022
    Faremos unha viaxe polo fermoso concello lucense de Paradela da man dos seus recordos da chegada da radio á comarca. Rescataremos as voces de personaxes locais como Daniel López González, radioafeccionado, e Julio Varela, hostaleiro e empresario local. Daniel contaranos como nos seus tempos mozos artellou o xeito de emitir clandestinamente roubándolle oíntes a Radio Popular na hora de rezar o rosario. Julio Varela comparte no noso programa como foi a chegada da radio á Paradela, como a escoitaban todos xuntos e relátanos as súas aventuras empresariais que o levaron a proxectos tan diversos como a reparación de calzado a hostalaría. El é a voz viva da importancia económica que tivo a chegada do Camiño de Santiago. O seu alcalde Xosé Mato acompañounos todo o programa para achegarnos anécdotas e vivencias, tanto dos tempos pasados como dos tempos presentes. Do presente falaron dende a Asociación de Mulleres e tamén as emprendedoras locais Estefanía Padullés e Laura da parroquia de Francos. A primeira, escritora e ilustradora retornada dende Barcelona e a segunda, filla de galegos de Paradela, tamén retornada á casa natal, prepara o arranque dun negocio que porá en valor os produtos locais e os posicionará no resto do mundo a través dunha plataforma web de exaltación da calidade dos produtos de Paradela. Pecha o programa o urbanista, arquitecto e planificador de cidades, Luciano Alfaya, responsable da redacción da Axenda Urbana de Paradela, un documento, redactado con fondos europeos, que recolle a estratexia de crecemento do Concello ao longo dos vinte vindeiros anos. Como broche final teremos a Xosé María Palmeiro, xornalista de radio e televisión, primeiro Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2000-2004) e cofundador no 1993 da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), que preside desde 2015.

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less
    1 hr and 19 mins