• Samos

  • Oct 21 2022
  • Length: 53 mins
  • Podcast

  • Summary

  • Como é a vida nun mosteiro e como é a vida nunha vila con tanta historia? O alcalde de Samos, Julio Gallego e o prior do mosteiro José Luis Vélez afondarán nestas cuestións.

    Esta vila é paso obrigado para todos os peregrinos que camiñan a Santiago de Compostela, e moitos dormen na hospedaxe ofrecida polos monxes beneditinos, na Real Abadía Beneditina de San Xulián de Samos, un dos centros relixiosos máis importantes de Galicia. Esta abadía está datada del século VI, época na que os Suevos poboaban os territorios do que hoxe coñecemos como Galicia.

    Samos atópase nunha espectacular contorna natural presidida pola Serra do Oribio e un val que da entrada aos montes de Pedrafita. Atravésao o Río Oribio, un pequeno río, rico en anguías e troitas, uns dos pratos máis emblemáticos da zona.

    Para falar da importancia do paso do Camiño de Santiago estará a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e os hostaleiros locais da Casa da Botica e do hotel Casa de Díaz.

    José Luis Vélez, da fundación Dharana, compartirá cos oíntes o seu proxecto. A Fundación Dharana nace o 21 de setembro de 2013 para dar soporte ao proxecto de crear unha casa de acollida, unha escola de dons e talentos e unha comunidade integral onde practicar as bases do apoio mutuo, a cooperación e a co-creación coa natureza.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less

What listeners say about Samos

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.