Galicia, a radio e o camiño

By: Si Radio de Galicia
  • Summary

  • Programa que percorre localidades situadas no camiño de Santiago coincidindo co noventa aniversario da chegada da radio a Galicia. O espazo radiofónico inclúe unha exposición sobre a radiodifusión en Galicia, dende o ano 1933, que leva un panel das emisoras nos camiños de Santiago.

    Os distintos capítulos de este programa son emitidos por SI RADIO DE GALICIA e producidos a través dunha colaboración entre ASOCIACIÓN ONDIÑAS DE RADIO E PODCAST DE GALICIA e INICIATIVA GALEGA DE COMUNICACION.

    Tanto a exposición como a gravación dos programas conta co apoio XUNTA DE GALICIA e o programa O TEU XACOBEO de Xacobeo 21 22.

    Ficha técnica:

    Idea orixinal: ASOCIACIÓN ONDIÑAS DE RADIO E PODCAST DE GALICIA

    Director executivo: Gabino Porto

    Guión e presentación: Amparo Rodríguez Ojea

    Realización técnica: Anxo Gutiérrez Barros

    Axudante de montaxe da exposición: Miriam González

    Medios técnicos, soportes expositores e paneis da exposición: Abril Publicidad

    Desprazamentos e medios de produción: Tecnomedia Noroeste / Iniciativa Galega de Comunicación


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Si Radio de Galicia 2022
    Show More Show Less
Episodes
  • Pontecesures
    Oct 21 2022

    Dende a praza de abastos de Pontecesures vivimos unha experiencia radiofónica que nos fixo viaxar no tempo para rememorar aqueles anos 40 e 50 nos que chegaba a radio aos fogares da vila.

    O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, acolleunos na súa vila para presentarnos a un radioaficionado de excepción, Francisco Enrique Souto, que atesoura máis de cincocentas radios de tódolos tempos e tecnoloxías. Con él rescatamos a memoria da radio.

    Ata o programa, e a través do fío telefónico, achegouse tamén o delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Diéguez, amante da bicicleta e do Camiño de Santiago. Rosana Estévez Palmero, hostaleira local, falounos de como o sector se adapta á demanda das e dos peregrinos sen esquecer ao consumidor local e a todo tipo de turistas.

    Carlos González Paz, do instituto de estudos galegos Pai Sarmiento, deunos pinceladas da historia das distintas rutas do Camiño de Santiago e compartiu con nós os segredos do proceso de investigación.

    José Luís Salgado Madriñán é un dos cinco membros da Orden de Malta que naceu co obxectivo de axudar aos e ás peregrinas coa creación de albergues, roupeiros e mesmo hospitais onde atendelos. Con él, tamén conversamos.

    Rematamos o programa falando do futuro de Pontecesures co alcalde e co arquitecto municipal, Carlos Besada, que nos achegou ás novas tendencias en urbanismo.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less
    49 mins
  • Palas de Rei
    Oct 21 2022

    A historia de Palas de Rei preséntase intimamente unida á cultura castrexa, conservando aínda hoxe numerosos restos arqueolóxicos (mámoas, dolmens e castros) testemuña dun remoto asentamento.

    O románico entrou polo Camiño de Santiago, deixando a súa pegada na arquitectura relixiosa, destacando a igrexa de Vilar de Donas, un dos referentes principias do románico galego, declarada en 1931 monumento histórico-artístico. As súas pinturas murais forman un dos conxuntos máis destacados e mellor conservados de Galicia.

    O alcalde Pablo José Taboada recibiunos na Casa do Concello para gravar este programa no que, xunto a Manuel Escaríz e Raúl López, falamos dos comezos da radio en Palas de Rei e do importante que foi nas súas vidas de emigrantes ter a compaña da radio para mantelos preto do seu fogar de orixe.

    A responsable da radio local tamén quixo participar para falar da importancia que ten na actualidade radio Palas, informando a diario á veciñanza das cuestións que máis lle afectan e recollendo o seu sentir.

    Emprendedores locais como Nieto, Johan e Óscar, que apostaron por Palas e retornaron da capital do Estado para iniciar os seus negocios, completaron o programa coas súas experiencias.

    A popular xornalista e presentadora do programa radiofónico “Gente Viajera” en Onda Cero, Esther Eiros, relatounos as súas mellores experiencias de viaxes e achegounos os seus consellos e predileccións á hora de viaxar.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less
    50 mins
  • Portomarín
    Oct 21 2022

    A construción do encoro de Belesar fixo de Portomarín un lugar enigmático e cheo de misterio ao que se achegan milleiros de peregrinos. Nas súas rúas e nas prazas respírase vida e o balbordo dos peregrinos enche de diferentes linguas cada recuncho.

    Portomarín o novo creouse a mediados do século XX nas terras altas do monte do Cristo na marxe dereita do río Miño. As obras comezaron no 1956. Portomarín o vello dorme baixo as augas do encoro de Belesar. A vila trasladouse ao Monte do Cristo debido á construción do pantano.

    O alcalde Pablo Rivas e o persoal municipal relátannos as lembranzas herdadas dos tempos nos que unha vila enteira tivo que dicir adeus aos seus fogares e reiniciar a súa traxectoria vital. Tamén con elas e eles reviviremos os momentos ao carón da radio.

    Para falar da evidente e sorprendente relevancia do Camiño de Santiago e Portomarín acompáñannos os hostaleiros locais Diego e Ismael, tamén Luís Alberto, peregrino de León que percorre en bicicleta esta ruta. Non podía faltar o director de SI RADIO en Lugo Eloi Caldeiro, unha das persoas con máis coñecimento do camiño de Santiago o seu paso por esta provincia.

    Na praza do Camiño, diante do Concello e da igrexa de San Nicolás movida pedra a pedra cando a construción do embalse, foron moitas e moitos os que se achegaron para falarnos de como escoitaban a radio as súas familias e tamén do encontro de culturas que provoca o paso do Camiño de Santiago.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less
    48 mins

What listeners say about Galicia, a radio e o camiño

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.