• Palas de Rei

  • Oct 21 2022
  • Length: 50 mins
  • Podcast

  • Summary

  • A historia de Palas de Rei preséntase intimamente unida á cultura castrexa, conservando aínda hoxe numerosos restos arqueolóxicos (mámoas, dolmens e castros) testemuña dun remoto asentamento.

    O románico entrou polo Camiño de Santiago, deixando a súa pegada na arquitectura relixiosa, destacando a igrexa de Vilar de Donas, un dos referentes principias do románico galego, declarada en 1931 monumento histórico-artístico. As súas pinturas murais forman un dos conxuntos máis destacados e mellor conservados de Galicia.

    O alcalde Pablo José Taboada recibiunos na Casa do Concello para gravar este programa no que, xunto a Manuel Escaríz e Raúl López, falamos dos comezos da radio en Palas de Rei e do importante que foi nas súas vidas de emigrantes ter a compaña da radio para mantelos preto do seu fogar de orixe.

    A responsable da radio local tamén quixo participar para falar da importancia que ten na actualidade radio Palas, informando a diario á veciñanza das cuestións que máis lle afectan e recollendo o seu sentir.

    Emprendedores locais como Nieto, Johan e Óscar, que apostaron por Palas e retornaron da capital do Estado para iniciar os seus negocios, completaron o programa coas súas experiencias.

    A popular xornalista e presentadora do programa radiofónico “Gente Viajera” en Onda Cero, Esther Eiros, relatounos as súas mellores experiencias de viaxes e achegounos os seus consellos e predileccións á hora de viaxar.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less

What listeners say about Palas de Rei

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.