• Paradela

  • Oct 20 2022
  • Length: 1 hr and 19 mins
  • Podcast

  • Summary

  • Faremos unha viaxe polo fermoso concello lucense de Paradela da man dos seus recordos da chegada da radio á comarca. Rescataremos as voces de personaxes locais como Daniel López González, radioafeccionado, e Julio Varela, hostaleiro e empresario local. Daniel contaranos como nos seus tempos mozos artellou o xeito de emitir clandestinamente roubándolle oíntes a Radio Popular na hora de rezar o rosario. Julio Varela comparte no noso programa como foi a chegada da radio á Paradela, como a escoitaban todos xuntos e relátanos as súas aventuras empresariais que o levaron a proxectos tan diversos como a reparación de calzado a hostalaría. El é a voz viva da importancia económica que tivo a chegada do Camiño de Santiago. O seu alcalde Xosé Mato acompañounos todo o programa para achegarnos anécdotas e vivencias, tanto dos tempos pasados como dos tempos presentes. Do presente falaron dende a Asociación de Mulleres e tamén as emprendedoras locais Estefanía Padullés e Laura da parroquia de Francos. A primeira, escritora e ilustradora retornada dende Barcelona e a segunda, filla de galegos de Paradela, tamén retornada á casa natal, prepara o arranque dun negocio que porá en valor os produtos locais e os posicionará no resto do mundo a través dunha plataforma web de exaltación da calidade dos produtos de Paradela. Pecha o programa o urbanista, arquitecto e planificador de cidades, Luciano Alfaya, responsable da redacción da Axenda Urbana de Paradela, un documento, redactado con fondos europeos, que recolle a estratexia de crecemento do Concello ao longo dos vinte vindeiros anos. Como broche final teremos a Xosé María Palmeiro, xornalista de radio e televisión, primeiro Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2000-2004) e cofundador no 1993 da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), que preside desde 2015.

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show More Show Less

What listeners say about Paradela

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.