• Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de novembro de 2024
    Nov 27 2024
    Comezamos Noticias 13.30 h dando conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará mañá xoves en pleno ordinario. Amais damos conta do pleno infantil celebrado hoxe, da cita coa escritora Llerena Perozo desta tarde ás 19 h, dentro da programación do 25N e do deporte.
    Show More Show Less
    28 mins
  • Noticias 13.30 h | Martes, 26 de novembro de 2024
    Nov 26 2024
    Comezamos Noticias 13.30 h dando conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará este xoves en pleno ordinario. Amais recollemos o inicio das obras de desentullo do Teatro Principal, os actos do 25N, os premios Gran de Area, citas para esta xornada xunto ao deporte.
    Show More Show Less
    25 mins
  • Noticias 13.30 h | Luns, 25 de novembro de 2024
    Nov 25 2024
    O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller centra hoxe o Noticias 13.30 h deste luns, 25 de Novembro. Recollemos o acto coa comunidade educativa que tivo lugar este mediodía no Teatro Municipal de Tui, e avanzamos o acto institucional previsto para ás 18 h diante da Casa do Concello de Tui. Repasamos tamén as actividades previstas nos concellos da contorna. Pechamos hoxe coa crónica de sucesos.
    Show More Show Less
    23 mins
  • Noticias 13.30 h | Venres, 22 de novembro de 2024
    Nov 22 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h coa recepción que hoxe tivo lugar na casa do concello aos tres voluntarios de Protección Civil de Tui que estiveron nas zonas afectadas pola DINA, e coa experiencia da traballadora social tudense María Estévez, que estivo tamén na zona. Continuamos co especial 25N e recollemos todas as citas da fin de semana e o deporte.
    Show More Show Less
    28 mins
  • Ent. Robin Trigás, pintor | Inauguración Exposición “Después de que nos hayamos ido”
    Nov 21 2024
    Hoxe xoves ás 19.30 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui inaugúrase a exposición “Después de que nos hayamos ido” de Robin Trigás. En Noticias 13.30 h fíxonos un anticipo da colección que presenta até o 11 de xaneiro en Tui.
    Show More Show Less
    29 mins
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de novembro de 2024
    Nov 21 2024
    Tui acolleu esta mañá o Encontro das Oficinas de Emprego Transtronfeirizas. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Amais recollemos a celebración de plenos infantís coincidindo co Día Mundial da Infancia. Robín Trigás, que hoxe ás 19.30 h inaugura exposición na Sala Municipal de Tui fíxonos un avance da obra que amosa. Outras citas do día forman parte deste tempo de información que pechamos dando conta da creación da asociación Callejeiriños Tudenses.
    Show More Show Less
    29 mins
  • Ent. Xesús Vazquez, presidente Fundación Xoán Piñeiro - Presentación libro sobre Silverio Rivas
    Nov 20 2024
    Hoxe mércores, ás 20 h na Sala Municipal de Exposición, presentarase o libro "Silverio Rivas" editado pola Fundación Xoán Piñeiro, dentro da colección Nerga. En Noticias 13.30 h falamos con Xesús Vázquez, presidente da Fundación Xoán Piñeiro, desta publicación que hoxe se presenta en Tui.
    Show More Show Less
    5 mins
  • Ent. Leticia Costas, divulgadora científica | Charla "A ciencia da adolescencia"
    Nov 20 2024
    Un espectáculo con improvisación e participación do público. Así será a charla "A Ciencia da adolescencia" que hoxe ás 19 h ofrecerán na Sala Félix Rodríguez en Tui a actriz Arantxa Treus e a divulgadora científica Leticia Costas. Esta última explicounos que non se trata dunha charla ao uso, e que vai dirixida dende aos propios adolescentes coma ás familias.
    Show More Show Less
    2 mins