• Ent. Alejandro Pardo, responsable da área social do Tyde | Campaña de socios
    Nov 27 2024
    Seguir crecendo na campaña de socios e socias é un dos obxectivos que ten o Tyde esta temporada. Alejandro Pardo, o responsable da área social do equipo, deu conta no noso programa destas cifras e tamén dos éxitos colleitados nas últimas semanas.
    Show More Show Less
    7 mins
  • Ent. Llerena Perozo, escritora| Presentación do libro "Os anos tranquilos"
    Nov 27 2024
    A escritora Llerena Perozo presenta hoxe o seu último libro, " Os anos tranquilos", como parte da programación do Concello de Tui polo 25N. Farao ás 19.00 horas, na sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez. Falamos coa autora sobre esta nova obra e sobre o acto desta tarde.
    Show More Show Less
    5 mins
  • Ent. Robin Trigas, artista | Exposición "Después de que nos hayamos ido"
    Nov 26 2024
    Até o 11 de xaneiro a Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle a mostra "Después de que nos hayamos ido", de Robin Trigas. Trátase dunha colección de 36 cadros que versan sobre o mundo que quedaría sen humanos, baixo as técnicas de encáustica e nihonga. Coñecemos máis co artista.
    Show More Show Less
    12 mins
  • Ent. Javier Argüelles e Noemí Guisande, Cineclub Tui |Sempre nos quedará mañá, de Paola Cortellesi
    Nov 26 2024
    Mañá hai unha nova cita do Cineclub Tui coa proxección da película Sempre nos quedará mañá, de Paola Cortellesi. Haberá dúas proxeccións, a primeira ás 18.30 h e a segunda ás 20.45 h na aula da UNED. Javier Argüelles e Noemí Guisande, do Cineclub, déronnos os detalles desta película.
    Show More Show Less
    1 min
  • Espazo Comercio | Emma Gastrobar
    Nov 26 2024
    En marzo de 2022 Isaac Míguez abriu o seu restaurante na rúa Seijas coa idea de marcar un icono gastronómico en Tui. Actualmente non só lidera este proxecto, senón que conta con outros tres establecementos. Así nos contou a súa evolución no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI.
    Show More Show Less
    8 mins
  • Especial 25 N | CEIP Caldelas, CEIP Randufe, CEIP Rebordáns, CRA Mestra Clara Torres e IES Indalecio Pérez Tizón
    Nov 25 2024
    Coñecemos as accións e actividades programadas por algúns dos centros educativos tudenses con motivo deste 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
    Show More Show Less
    10 mins
  • Ent. Catuxa Salom, cantante e compositora | Especial 25N
    Nov 25 2024
    A cantante e compositora Catuxa Salom participa esta tarde no acto insitucional do 25N que organiza o Concello de Tui a partir das 18 h na Praza do Concello. Hoxe falamos con ela sobre esta actuación que vai realizar e na que presenta o seu primer álbum, "Caldo".
    Show More Show Less
    4 mins
  • Ent. Roberto Díez, director do Colexio Maristas Santa María de Tui | Especial 25N
    Nov 25 2024
    Coñecemos con Roberto Díez, director do Colexio Maristas Santa María de Tui, as actividades realizadas neste centro educativo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Foi no espazo dedicado ao 25N do programa Día a Día.
    Show More Show Less
    2 mins